A imaxe dantesca coa que nos atopamos o domingo a media mañá no paseo da Rapadoira, di moito do xeito de gobernar deste alcalde, cando a mediados de Xullo vemos claramente que nin sequera ten un planing de limpeza e mantemento para estas datas.
Nese lugar que di o noso rexedor que tanto temos que protexer prohibindo facer uso del de día, atopábase tal cantidade de lixo da noite anterior, que non facía falla prohibir usalo, xa que creemos que ninguén se atrevería a facer uso del. E o que é lamentable é que os propios veciños de forma cívica se tiveran que poñer a recoller gran parte do lixo para os contedores.
Incluso nas propias zonas onde si está permitido comer, o mobiliario atópase tan descuidado que chega a ser perigoso para o seu uso.
O PSOE de Foz ven denunciando esta situación do deterioro e da mala imaxe de Foz ano tras ano e o equipo de goberno o único que fai é oidos xordos ao que lle din tanto a oposición coma os propios veciños. Está claramente demostrado que este goberno actúa por impulsos e é incapaz de facerlle fronte a un problema tan serio como é este.
Esta mesma situación a están sufrindo tamén os veciños do medio rural como é o caso da parroquia de Fazouro onde o paseo do río Ouro atópase pechado ao paso dos camiñantes debido a maleza que atravesa dun lado ao outro do propio paseo, facendo que as persoas teñan que transitar pola propia carretera.
Os Socialistas de Foz lamentamos profundamente a imaxe que se está proxectando do noso pobo; cando o propio alcalde anda alardeando da numerosa cantidade de turistas que ata aquí se achegan, non temos nin tan sequera unha imaxe limpa que ofrecerlles. Ante a demostrada incompetencia, pedímoslle ao rexedor que tome medidas rápidas para cambiar esta situación, polo ben de tódolos veciños e visitantes.