Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas lucenses elexirán este sábado ós delegados que participarán no congreso que o PSOE celebrará a vindeira fin de semana en Madrid

LUGO, 17 DE XULLO DE 2014.- Os socialistas lucenses elixen este sábado aos 12 representantes que se desprazarán a Madrid a vindeira fin de semana (26 e 27 de xullo) para participar como delegados no congreso federal extraordinario do PSOE, e no que o Partido ratificará a Pedro Sánchez como novo secretario Xeral en substitución de Alfredo Pérez Rubalcaba, quen renunciou a seguir á fronte da executiva federal logos das eleccións europeas do pasado 25 de maio.

Deste xeito, no cónclave provincial, que comezará ás 10:30 horas, no Hotel Torre de Núñez (Lugo), e no que está previsto a intervención de Juan Carlos González Santín, participarán os 134 delegados que foron elexidos tamén o pasado domingo nas distintas agrupacións locais que o PSOE ten no conxunto da provincia, e entre os que se atopan membros de Xuventudes Socialistas de Lugo e representantes das sectoriais de Sanidade, Educación e Medio Ambiente.

Lugo, a provincia coa maior participación
O encontro que celebrará mañá o PSOE lucense xurde do proceso levado a cabo o pasado domingo para a elección do dirixente do PSOE a nivel estatal; un proceso no que, tal e como xa se fixo público dende a executiva provincial ao día seguinte da votación, Lugo foi a provincia de Galicia na que se rexistrou a maior porcentaxe de participación.

En total, a esta votación estiveron chamados os 2.311 afiliados que o PSOE ten na provincia. Destes, 1.525 emitiron o seu voto nas 54 mesas instaladas. O resultado por candidatos foi o seguinte: Pedro Sánchez 1.080 votos (o 65,34%); Madina 424 (o 25,65%); e Pérez Tapias 149 (o 9,01%).

Exit mobile version