Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras por O Vicedo

P1160541Cun estupendo día de sol, os senderistas de Pasada das Cabras de Burela, realizaron este martes a ruta costeira de O Vicedo que percorre gran parte dos areais do municipio. Para realizar esta camiñata desprazáronse no Feve ata a estación de Mosende, moi preto da praia de San Román, punto de inicio da mesma con vistas á ría de Viveiro. Pasaron polo mirador de Tixoso, viron a Illa Coelleira, aa praia de Xilloi, tamén un dos faros que hai na ría e finalmente chegaron á praia de Caolín, pequena cala con area blanquísima, onde hai unha antigua fábrica de salazón de pescado, xa moi próxima ó destino final, o porto de O Vicedo. Antes da comida servida polo restaurante Os Cruces disfrutaron dun baño na praia do Caolín. A vindeira ruta será a nocturna a San Cibrao o sábado 19.

Exit mobile version