Site icon Crónica3.com A Mariña

Praias de Barreiros CD presenta o seu novo corpo técnico

Toni Novo e Modesto Veiga serán os técnicos do equipo sénior de fútbol sala que competirá na tempada 2014/15 na categoría Provincial Masculina.

Trátase de dous veciños de Barreiros con ampla experiencia no mundo do fútbol sala. Toni creceu deportivamente nas categorías inferiores da Mariña Oriental, Cadramón Lux e Catedrales FS, para posteriormente dar o salto ó profesionalismo. O barreirense asentouse na segunda categoría do fútbol sala español, onde defendeu as camisolas do Porto Celeiro de Viveiro, Azkar Lugo, Castro Urdiales, Melilla FS ou Oxipharma Granada entre outros.

Esta será a primeira andadura como técnico para Toni, que estará acompañado por Modesto Veiga, veciño de San Miguel. Modesto leva toda unha vida vencellada ó futbol sala local, dende o San Miguel FS, as Escolas Deportivas de Barreiros ou A Mariña Oriental, onde dirixiu durante varias tempadas ó equipo sénior feminino.

O presidente do clube, Jesús Rocha, o secretario Alfonso Fernández e o vocal Guillermo González déronlle a benvida á entidade a ambos técnicos e desexáronlle a maior das sortes nesta primera tempada á fonte do equipo.

Exit mobile version