Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación das actividades de verán no Vicedo

A Casa da Cultura do Vicedo acolle este xoves 10 de xullo ás 22.00 horas a proxección dun vídeo de presentación das diferentes actividades que organiza o Concello durante os meses de xullo e agosto. Trátase de actividades como rutas de sendeirismo, rutas de kayaks, mixtas, ornitolóxicas, etc. Posteriormente proxectarase tamén a fermosa película “El Último Cazador”, unha ficción baseada na vida de Norman (El Último trampero). Con 50 anos vive en Nebraska, unha india Nehanni. A película pretende facer partícipe ó espectador da loita e drama que supón a súa vida diaria e tamén das aventuras e os perigos nas que os seus cans son os principais protagonistas.

Exit mobile version