Site icon Crónica3.com A Mariña

Recepción ó Club Baloncesto Burela

recepcion-cbburelaO Concello burelés ofreceu unha recepción oficial este luns ás xogadoras do Club Baloncesto Burela, que se proclamaron campioas galegas de segunda división. No acto participaron o primeiro teniente de alcalde, Manuel Fernández Valle, e a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro, que felicitaron ás rapazas pola tempada realizada e animáronas a seguir traballando para colleitar novos éxitos deportivos. As xogadoras estiveron acompañadas polo presidente do Club Baloncesto Burela, Pedro Chao, polo adestrador e por outros membros da directiva.

Exit mobile version