Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo recibiu a placa que acredita á praia das Catedrais coma unha das sete marabillas naturais de España

IMG_4426Ribadeo, 22 de xullo de 2014.- Allianz Global Assistance entregou hoxe na Casa do Concello de Ribadeo a placa que recoñece á praia das Catedrais coma unha das sete marabillas naturais de España. A partir de agora o areal pasa a formar parte dunha ruta medioambiental que será plasmada nun libro que verá a luz proximamente. Dende o Concello ribadense, a alcaldesa en funcións, Mari Luz Álvarez Lastra, agradeceu a Allianz a iniciativa “porque sirve para potenciar o valor turístico de Ribadeo”.

Álvarez Lastra afirmou que “para Ribadeo hoxe é un día moi especial porque recibimos esta placa da sétima marabilla que a nosa praia de Augas Santas conseguiu na votación popular organizada por Allianz. Dende o Concello de Ribadeo queremos mostrar o noso agradecemento máis profundo ás persoas de Allianz por ter en conta a nosa praia e por ter a idea tan creativa e orixinal de que o que nosoutros día a día estamos intentando plasmar nos medios de comunicación para que a praia de As Catedrais teña a distinción de Parque Natural, eles foran quen de servirnos para ratificarnos a través dos seus votantes. Unha vez máis, refórzanos para que se poña en valor este elemento tan emblemático, a través de xente de fóra e de iniciativas externas ao propio concello”.

Mari Luz Álvarez quixo agradecer “non só a visita e a entrega da placa senón tamén o proxecto que vai a levar a cabo unha ruta medioambiental e un libro onde a través de fotografías e textos, se vai a permitir que a iniciativa perdure no tempo e o noso concello sexa coñecido no exterior. Así, o proxecto quedará para os nosos devanceiros, para os nosos nenos e para a historia local e servirá para recoñecer esa historia de maneira extra oficial fóra da nosa comunidade. Algo que servirá tamén para potenciar ese valor turístico que Ribadeo xa ten”.

A alcaldesa en funcións recordou no acto de entrega da placa que “ao mellor os que estamos aquí todos os días non somos capaces de apreciar ese valor inmenso que ten a praia de As Catedrais, pero esta iniciativa pode servir para recordar que é o momento de dar un paso adiante e de seguir loitando para que este areal sexa declarado Parque Natural. Non é un capricho, dende o goberno municipal necesitamos desa protección para poder conservar e lograr que perdure a beleza desta praia. Necesitamos este elemento lexislativo para aferrarnos a el e para loitar por el, e iso tamén o ratifica que, se analizamos as sete paisaxes declaradas Marabillas Naturais de España tres delas contan co recoñecemento de Parque Natural. Dende o Concello estamos traballando no bo camiño para lograr que As Catedrais tamén o sexan”.

Mar Morales, exploradora das 7 Marabillas, foi a encargada de entregar a placa que recoñece á praia das Catedrais coma un dos sete mellores monumentos naturais de España. Para a exploradora “esta playa nos ha transmitido ese misticismo propio de la época gótica, que nos traslada a la Galicia más tradicional que huele a historia y sabe a cultura. Además, hemos encontrado que este lugar es una playa atípica, porque normalmente cuando se piensa en la zona costera se piensa en relax y toalla, pero aquí hemos visto un monumento con mucha gente fotografiándolo y mucha historia entre estas rocas”.

Xunto a Mar Morales estivo Alberto Peñalba, representante de Allianz, quen recordou que “se recibieron más de 82.000 votos en toda la campaña que colocaron a la playa de As Catedrais como una de las Siete Maravillas de España 2014. La votación comenzó con 20 finalistas elegidos por un jurado experto en viajes y las votaciones estuvieron abiertas en torno a dos semanas entre finales de mayo y mediados de junio. Finalmente se eligieron siete lugares que comenzamos a visitar hace una semana y con nuestra visita a As Catedrais acabamos de llegar al ecuador del viaje. Hemos visitado Gaztelugatxe, en Bizkaia; Fuente Dé, en Cantabria; y Somiedo, en Asturias; y nos quedan Las Médulas, en León; las Lagunas de Ruidera, en Ciudad Real; y el Cabo de Gata en Almería. Contamos con un equipo que se encarga de documentar el viaje a través de texto, vídeo y fotos para que cuando acabemos el recorrido, a partir de agosto, toda esta información se traslade a un libro que será publicado y por supuesto, enviado al Ayuntamiento de Ribadeo”.

Exit mobile version