
ADEGA e MariñaPatrimonio, dentro da campaña COUSA DE RAÍCES pola posta en valor e recoñecemento do bosque galego, organizanpara o próximo sábado 12 de xullo un roteiro pola fraga de Trasbar, no concello de Cervo. As persoas que queiran participar neste mini-roteiro achegaranse ás 16.00 horas á igrexa de Rúa, dende onde se partirá en coches particulares até o lugar onde o Rego Grande verte as súas augas no río Covo. Aquí comezará o roteiro a pé durante uns 5km (ida e volta). Será un percorrido tranquilo, no que iremos vendo todo o que agocha esta fraga na que abundan as arandeiras, que nesta época do ano adoitan estar inzadas de saborosos arandos. O prezo da actividade é de 3€; para nenos/as, desempregados/as e socios/as a actividade é gratuíta. Os interesados en recibir máis información poden dirixirse ó teléfono mr.patrimonio@gmail.com /tfn. 654173637