Site icon Crónica3.com A Mariña

Santín anima a toda a militancia a participar “masivamente” na votación para elexir ao novo Secretario Xeral do Partido

LUGO, 11 DE XULLO DE 2014.- O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Lugo -Juan Carlos González Santín-, a tan só dous días da votación para elexir ao novo Secretario Xeral do Partido, quere facer un chamamento a toda a militancia, e convidala a que participe “masivamente” o vindeiro domingo neste proceso, no que os afiliados terán a oportunidade de elexir “directa e abertamente” ao novo dirixente dos socialistas españois. Neste senso, González Santín confirma que a executiva leva traballando dende hai días para que “a maquinaria esté a punto” o día 13, e que a xornada se desenvolva “con normalidade e con democracia”.

“O PSOE está inmerso nun proceso moi interesante do que, estou seguro, imos a saír fortalecidos. Creo, sinceramente, que os tres candidatos están a realizar unha execelente campaña, o que supón un exercicio moi sano de confrontación democrática. Por iso, animo a todos os militantes a que o domingo acudan a votar, pois o futuro do PSOE que falta por escribir depende de cada unha das persoas comprometidas con este Partido”. A este respecto, o secretario Provincial subliña que a experiencia vivida en Galicia, demostrou que “o proceso de primarias é o sistema axeitado para todos aqueles que, como no seu día fixo o noso líder galego, queiran dar un paso ao frente. Agora é o militante o que decide. Persoalmente avogo pola máxima participación”.

2.300 militantes
En total, a esta votación están chamados uns 2.300 militantes, que exercerán o seu dereito nas 56 mesas instaladas na provincia. González Santín exercerá o seu dereito ao voto sobre as 18:00 horas en Lugo. Esta mesa situarase no Hotel Méndez Núñez e permanecerá aberta dende as 10:00 da mañá ata as 20:00 horas.

Exit mobile version