Site icon Crónica3.com A Mariña

Tapas na tasca do San Miguel de Ribadeo

030714 Foto San Miguel (2)A tasca do restaurante San Miguel, de Ribadeo, ofrece para as noites de martes a venres durante este mes de xullo degustaciones dunha gran variedade de tapas cunha botella de viño Ribeiro ou Rioja por 19 euros. A tasca do San Miguel, que está na planta baixa do restaurante e ten terraza con vistas ao mar, ofrece cociña tradicional mariñeira con peixes e mariscos do Cantábrico en racións e tapas. As súas especialidades son arroces caldosos, polbo, sardiñas asadas, bonito de Burela, así coma carnes selectas de porco ibérico, tenreira galega, vaca, pato e leitón castelán. Ademais destacan as súas sobremesas caseiras e a súa gran selección de viños. A cociña da tasca do San Miguel está dirixida polo prestixioso chef asturiano Carlos Martínez Abascal, que conta cunha ampla traxectoria profesional en restaurantes de Asturias e Madrid. E na planta alta do restaurante San Miguel está o comedor principal, onde seguen ofrecendo cociña de mercado e mariñeira elaborada polo cociñeiro e copropietario do establecemento, José Ramón Rodríguez.

Exit mobile version