Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro, música, poesía e maxia encherán o escenario das XIV Veladas no Souto e VII Express-arte 2014

veladas-teatroCervo, 30 de xullo de 2014- A praza do Souto de Cervo convertese dende este xoves e ata o domingo nun escenario polo que pasarán grupos de teatro, músicos e magos para ofrecer cultura ao aire libre. Trátase das XIV Veladas no Souto e VII Express-arte 2014, que organiza Teatro “O Bordelo” coa colaboración do Concello.

O alcalde, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Begoña Alonso, e os membros do Bordelo Mari Paz Rodríguez e José Manuel González “Copa” presentaron hoxe o cartel destas xornadas culturais que reúnen a 8 grupos, colectivos e persoas que ofrecerán diferentes espectáculos, chegados de varios puntos da Mariña e de Asturias, sen esquecer aos anfitrións de Cervo.

As xornadas comezarán mañá coa maxia do Mago Jorge e o grupo de teatro “A Adala” de Fazouro, que representará a obra “Sen seu amor”, unha peza creada e dirixida por Francisco Piñeiro, autor e director tamén do Bordelo. O venres día 1 de agosto será a quenda de Cándido Paleo, a Voz do Valadouro, e do grupo de teatro “El Cioyo” de Castropol que porán en escena “A defunta e outras herbas”, de José Ramón Oliva e dirixida por Eligio Lombardero.

O sábado J.M. Ferreiro ofrecerá un recital poético e a continuación o grupo de teatro “La Capacha” de Xixón interpretará “Arizona”, orixinal de Juan Carlos Rubio e dirixida por José Luis Fernández. A última xornada, o domingo día 3, comezará coa Escencia da Música, cos ex compoñentes da Orquestra Maseda do Valadouro, seguida da obra “A fonte dos soños” do Bordelo, creada e dirixida por Francisco Piñeiro.

Todas as xornadas comezarán as 21:30 h. e terán lugar na praza do Souto de Cervo. A edil de Cultura asegura que “desde el Concello consideramos muy importante apoyar la cultura en sus diferentes representaciones, y más en este caso, de unas jornadas con una larga tradición y con mucho éxito de participación”. Alonso agradécelle ao Bordelo “el gran trabajo y esfuerzo que hacen cada año para reunir a grupos y artistas con talento para que vecinos y visitantes podamos asistir a espectáculos al aire libre”.

Exit mobile version