Site icon Crónica3.com A Mariña

Terras de Lourenzá fará a Ruta da Cazolga

20140803_Cartel Ruta da Cazolga-page1A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o domingo 3 de agosto a Ruta da Cazolga, para o que efectuarán a saída ás 9.30 horas da Área Recreativa da Cazolga para percorrer Verín, Cornería, e regresar de novo á Cazolga. O percorrido abarca unha distancia de 15 kilómetros e presenta dificultade media. Ó remate, os participantes desfrutarán dunha churrascada, tras da cal haberá música e xogos populares. O prezo é de 8€ para socios e 15€ para non socios. As inscricións poden realizarse antes das 14:00 horas do martes 29 de xullo, no correo electrónico terrasdelourenza@gmail.com ou nos teléfonos 982 12 10 06 (Pepe) ou 658 09 71 33 (Miguel).

Exit mobile version