Site icon Crónica3.com A Mariña

Un veciño de Fazouro critica o “desigual trato” por parte do Concello sobre a limpeza da estrada que comunica coa súa casa

Un veciño de Fazouro critica a falta de limpeza da pista que comunica co seu domicilio “dende que no ano 2012 fixen formal unha denuncia por pechar un camiño público que une dúas aldeas do municipio”, asegura.

O afectado explica que “a pesar de ter os impostos ao día como os veciños aos que si lle limparon as pistas –coma a que vai á vivenda dun concelleiro-”, o traballador do Concello lle indicou que tiña “orde de non limpar as pistas que van ao seu domicilio”.

Tamén critica que a Deputación non fixo nada ao respecto a pesar de terlle manifestado as súas queixas. E asegura que entregará no Xulgado anti-corrupción a documentación da que dispón con relación a este tema.

Exit mobile version