Site icon Crónica3.com A Mariña

Usuarios de A Mariña – COGAMI participan en cursos de navegación a vela lixeira en Sanxenxo

Participantes no programa de lecer náuticoPersoas con discapacidade usuarias dos Centros de Recursos que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) ten en Fingoi (Lugo), Monteporreiro, Mos, Niveiro (Val do Dubra) e Medelo, e das asociacións Adisbismur, Avante, A Mariña- COGAMI, Agadhemo, Amarai, Íntegro e COGAMI, participan en cursos de navegación a vela lixeira impartidos no Centro Nacional de Vela Adaptada da Fundación Mapfre en Sanxenxo desenvolvidos coa colaboración da Fundación Mapfre e o Real Club Náutico de Sanxenxo durante os meses de xuño, xullo e setembro.

Ata o momento levamos a cabo 7 quendas, de 5 días de duración cada quenda, dun programa de lecer náutico centrado en achegar o deporte da vela ás persoas con discapacidade, e que conxuga por unha banda, un curso de iniciación á vela de 20 horas de duración, e por outra, un programa de vacacións que ten como finalidade proporcionar unha experiencia de vida diferente, nun ambiente novo, cun programa de actividades o suficientemente flexible para poder adaptalo ás necesidades de cada persoa, proporcionando tamén o necesario “respiro” para a familia e a persoa con discapacidade en relación á propia familia.

Finalizada a actividade en xullo terán participado no programa 108 persoas con discapacidade e 60 persoas máis terán a oportunidade de participar no mes de setembro.

Exit mobile version