Site icon Crónica3.com A Mariña

Valego e Cholas súmanse ó proxecto do Praias de Barreiros

presentacion_valegoO xogador barreirense Juan Oural Rodríguez “Valego” incorpórase ó Praias de Barreiros que contará con Rubén Novas Maseda “Cholas” na portería.

Formado no mundo do fútbol sala da man de Modesto Veiga nas Escolas Deportivas da Mariña Oriental onde estivo ata os 14 anos, Valego deu o paso ó mundo do fútbol co Atleti Lourenzá, Celta Barreiros ou o Iberia; pero agora volve ás orixes: o fútbol sala. O corpo técnico ve en Juan a un xogador moi sacrificado en defensa que ademais pode aportar goles xogando de pívot, gracias a súa boa pegada en espazos reducidos.

Rubén Novas Maseda “Cholas” volve á que fora a súa casa. O meta focense formouse como xogador nas categorías inferiores do Cadramón Lux, onde empezou a destacar como porteiro ata chegar a ser convocado pola selección galega para disputar os campionatos de España de fútbol sala. Posteriormente, pasou ó equipo senior do Cadramón Lux de 1ª Nacional A. Trala desaparición do equipo barreirense, Cholas enrolouse nas filas do Ribamueble Ribadeo FS de 1ªB e despois na Cantina FS de Autonómica. O Concello de Trabada FS (1ª Nacional B) foi o último equipo co que competiu antes de aparcar o fútbol sala por motivos laborais. O meta focense está chamado a aportar toda esa experiencia ó equipo barreirense desde debaixo dos paos.

Julio Rocha, presidente do Praias de Barreiros, foi o encargado de presentar a Valego como novo xogador do club; mentres que o secretario, Alfonso Fernández, foi o encargado de darlle a benvida a Cholas.

Exit mobile version