Site icon Crónica3.com A Mariña

Valoración da absolución

Sempre dixen que a denuncia presentada contra min por utilizar a palabra para dirixirme aos meus veciños era unha denuncia política, sendo o gran muñidor da mesma a persoa que está obsesionada con conseguir algo coste o que coste e facendo o que teña que facer para conseguilo. Non hai máis que irse á hemeroteca e ver de donde parteu este asunto, seguramente nos periódicos da Mariña estará a explicación, o instigador para min estaba claro, e buscou o executor da denuncia que non quero nin lembralo polo dano que fixo.

Efectivamente, estas persoas non saben o dano que fan no entorno do denunciante, e si a maiores un fiscal che pide prisión e inhabilitación na pena e esto se pública saltan as alarmas e se cae na preocupación de persoas que non están nestes temas e son alleas á vida política. Non é o meu caso, eu estaba totalmente tranquilo pois e difícil que condenen a nadie por utilizar a palabra, salvo delito muy grave, aínda que algúns estarían encantados coa miña inhabilitación.

Sei que nadie vai a pedir disculpas, nen sequera se rexistrou unha chamada da dirección do partido a nivel Provincial, algo que me causa certa decepción pero que tampouco me sorprende.

Finalmente decir que este é un episodio máis, e todo apunta a que quedará para historia, a vida sigue e debemos de disfrutala dentro dun orden, quero agradecer o gran apoio de compañeiros e compañeiras do Partido Socialista de Foz así como de tantas outras localidades.

O mesmo tempo quero decirlle a persoas que están imputadas por diferentes motivos que teñan fé na xusticia, sempre considerei que estar imputado non é ser culpable e o final a verdade sempre impera.

Fdo. José María García Rivera
Ex Alcalde de Foz

Exit mobile version