Site icon Crónica3.com A Mariña

Víctor Aneiros e Alexandra in Grey asinarán exemplares do seus discos en Ribadeo

Aproveitando o Mercado do disco que este ano organiza o Ribadeo Jazz & Blues, o músico Víctor Aneiros, pioneiro do blues en galego e que participará no festival o vindeiro sábado xunto a Nicholas Payton e Cosmosoul, asinará este luns pola tarde, de 20.00 a 21.00 horas, exemplares do seu novo traballo, ‘A soidade pide copas nos bares’.

O martes, tamén de 20.00 a 21.00 horas, visitará o Mercado do disco do Ribadeo Jazz & Blues Alexandra in Grey, grupo revelación asturiano que participará nos concertos do xoves, xunto a Hiromi e a Alfredo García Quartet. Alexandra in Grey asinará exemplares do seu primeiro disco, que acaba de saír.

Axenda
Os postos do mercado do disco abrirán o luns e o martes, de 17.00 a 21.00 horas no parque municipal de Ribadeo. No mesmo horario, pero xa pola mañá de 10.00 a 14.00 horas, poderase visitar a exposición fotográfica de Esther Cidoncha na sala de exposicións. Finalmente, a xornada do luns pecharase coa proxección de Bird (Estados Unidos, 1986) no Cine Teatro a partir das 23.00 horas.

Exit mobile version