Site icon Crónica3.com A Mariña

Ximnasia rítmica e moito máis no III Campus Porta Norte – Fundación Imdecum

O III Campus de Ximnasia Rítmica Porta Norte – Fundación Imdecum dará comezo este luns 4 de agosto e estenderase ata o sábado 9 cunha exhibición de peche do campus ás 12.00 horas no pavillón Vista Alegre de Burela onde as participantes amosarán todo o traballo realizado ó longo do mesmo.

Este ano contaremos con 35 nenas de entre 6 e 14 anos -divididas en 3 grupos: nenas de 6 e 7 anos; de entre 8 e 10 e de 11 anos ou máis- que disfrutarán de 6 días de ximnasia rítmica xunto con outras actividades como ballet, funky, mimnasia estética, manualidades, etc.

Paralelamente, realizaranse tres xornadas de tecnificación dos equipos Alevín e Cadetes de Escola de Ximnasia Porta Norte con motivo da preparación dos mesmos para lograr a clasificación ó Campionato de España Base de Conxuntos.

Exit mobile version