Site icon Crónica3.com A Mariña

Xoel García Neira, bronce no Campionato de España infantil B K1 1000 metros

Esta fin de semana o Club Kayak de Foz participou no V Campionato de España de Novas promesas Infantil 1000 metros que se celebrou no embalse de Verducido, en Pontevedra. Xoel García Neira volveu subir ao caixón para recoller a medalla de bronce colleitada na proba infantil B k1 1000 metros.

En K2, Juan Rivas e Alexis Navas quedaron a 3 décimas das semifinais na contra-reloxo que definiría os equipos que pasarían á final. Aínda así, queda o consolo de que no global final, o K2 do Club Kayak de Foz é o noveno K2 de Galicia por diante de tripulacións coma a do Kayak Tudense, Náutico de Pontevedra, Breogán de O Grove, Náutico de Boiro, Ría de Aldán, Pontecesures, etc.

Coa disputa deste Campionato deuse por finalizado o calendario autonómico e nacional de regatas para o piragüismo lucense de promoción. Un fin de tempada un tanto prematuro e atípico, dadas as datas nas que nos atopamos, xa que ao longo de todo o mes de agosto só hai fixada unha única proba a disputar: a 5ª regata da Copa Deputación de Lugo a celebrar en Viveiro o próximo 10 de agosto.

Exit mobile version