Site icon Crónica3.com A Mariña

Xoel García Neira, do Club Kayak de Foz, campión galego infantil B de 3000 metros

O domingo 13 de xullo disputouse a 5ª Regata da XIX Liga Galega Promoción 2014 nas augas de Cabo de Cruz (Boiro).

A organización estableceu seis saídas para dar cabida aos máis de 260 kayakistas e canoistas dos 34 clubs presentes no campionato que se xogaban o título de Campión Galego de Infantís homes e mulleres na distancia de 3000 metros en kayak e canoa.

A Mariña lucense estaba representada por tres clubs: Altruán de Ribadeo, Kayak de Foz e Piragüismo Viveiro.

A primeira saída ás 16:30 horas foi para as mulleres infantís B na modalidade de K1. Nesta proba, a representante do Club de Piragüismo Verducido-Pontillón, Raquel Torres, facíase coa vitoria parando o crono en 10:28. 17 segundos máis tarde entraba a segunda clasificada, Carla Frierio Carril do Club As Torres Romaría Viquinga e 59 segundos máis tarde facíao a terceira clasificada, a tamén regatista de As Torres Carla Raño Romeu.

Outros resultados a ter en conta foron: Sabela Pérez do Club Piragüismo Viveiro que cun crono de 13:10 ocupou a 17ª posición e Rocío Reigosa do Altruán de Ribadeo que marcou un crono de 13:23 ocupando a vixésima posición.

Dous minutos máis tarde, é dicir, ás 16:32, entraban en escena os canoistas infantís B. Logo de percorrer os 3000 metros do circuíto, o vencedor final foi Pedro Citoula Pérez do Náutico de Pontecesures, con 16 segundos de vantaxe sobre o segundo clasificado, Manuel Fontán do Club Náutico O Muíño de Ribadumia. Un minuto e 16 segundos máis tarde entraba Aarón Maragiños do Club As Torres como terceiro clasificado.

Ás 17:00 horas, Xoel García Neira, do club Kayak de Foz, ía tomar parte na regata dos homes infantís B, na modalidade de K1. Dos oitenta palistas inscritos, tomaron parte na regata 68 mozos, feito este que foi moi agradecido por tódolos participantes xa que se evitaron as aglomeracións sucedidas noutras competicións. Nada máis darse a saída, comezáronse a definir as posicións, comezando Xoel a ensinar a popa da súa piragua ó resto de embarcacións.

Unha vez pasada a primeira ciaboga, Xoel aparecía destacado cuns catro segundos de vantaxe sobre a parella perseguidora formada por Gabriel Pachón do Ribeiras do Tambre e Gabriel Saavedra do Verducido Pontillón. Na segunda ciaboga, a distancia co dúo perseguidor foise ampliando ata os dez segundos, distancia esta que se mantería ata o final da regata.

Xoel entraba na última ciaboga en solitario e encaraba os douscentos metros que o separaban da liña de meta moi tranquilo sabendo que a vantaxe que lles sacaba era para os seus perseguidores insalvable, marcando un crono final de 10:11. Gabriel Pachón entraba segundo a 10 segundos de Xoel e Gabriel Saavedra ocupaba a terceira posición a 19 segundos do vencedor. Con esta vitoria, Xoel García Neira proclamábase campión galego infantil B na distancia de 3000 metros.

Outros resultados dos palistas da Mariña lucense foron: Saúl Acuña do Altruán de Ribadeo que ocupou a posición 50 a 4:34 e Xurde González, tamén do Altruán, que cun crono de 17:38 quedou fóra de control.

Infantil
A cuarta saída, no ecuador de campionato, era para as mulleres infantís A en a modalidade de K1. As 42 mulleres participantes non tiveron problemas en ocupar con amplitude toda a lámina de auga disposta para a saída. A regata resolveuse sen incidentes entrando vencedora cun tempo de 10:55 Rebeca Pardo do Club As Torres Romaría Viquinga, seguida de Tamara Isabel Fernández do Piragüismo Cambados a 3 segundos e de Marta Folgar do Piragüismo Rías Baixas a 5 segundos.

Boa regata a disputada por Sara Gericke, do Piragüismo Viveiro, que cun crono de 11:51 entrou en meta na posición 12 a 56 segundos da vencedora.

Como sucedeu coas canoas dos infantís B, dous minutos máis tarde ocupaban a lámina de auga os canoistas homes infantís A e unha canoistas muller infantil A, a única participante da súa categoría. Tras unha regata tranquila, foi Ignacio Aranguren da Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra o que entrou vencedor na liña de meta, parando o crono en 07:37, seguido por Mario Rey do Club Náutico de Betanzos a 12 segundos de Jaime Duro Pichel da Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra a 23 segundos.

E aproximábase a proba raíña: a regata dos infantís A modalidade K1. Na auga estaban os 79 participantes nesta saída na que o Club Kayak de Foz estaba representado por Noel García Edrosa e Juan Rivas Rodríguez.

Puntualmente, ás seis e media deuse a saída lanzada na que o vixente campión de España, Fran Silva do Piragüismo Portonovo, púxose ao comando da proba, lugar que xa non abandonaría ata cruzar a liña.

Ó saír da primeira ciaboga, Juan e Noel ocupaban os postos 30 e 32 e non contentos con iso, apertaron na segunda volta do percorrido conseguindo recortar posicións entrando en meta Juan Rivas no posto 23 a 1:57 do vencedor e Noel García no posto 28 a 2:03 do vencedor Fran Silva.

En canto ó resto da participación mariñá, indicar que Saúl González do Piragüismo Viveiro entrou en meta no posto 45 a 03:14 e Raúl Feijoo do Altruán de Ribadeo entrou no 50 a 03:28 do vencedor, Fran Silva.

Campionato galego veteranos
No Campionato Galego de Pista Individual Veteranos 2014 K1 1000 metros disputado o pasado sábado 12 en Verducido, o palista do Kayak, Ángel Antonio Gómez González, – encadrado na categoría Veterano 50-54- finalizou en cuarto lugar a escasas 5 centésimas do podio. Ao longo da regata, Ángel mantívose sempre na terceira posición ata que no sprint final viuse superado na mesma liña de meta polo palista do Club Piragüismo Vilaboa José Enrique Acuña. O vencedor e novo campión desta categoría foi Simón Díaz Fernández do Club Breogán do Grove.

5ª Regata XIX Liga Galega Promoción 2014
Campionato Galego Infantís 3000 metros

MULLER INFANTIL-B K-1
1.- Raquel Torres Martínez, CLUB PIRAGÜISMO VERDUCIDO-PONTILLON, 0:10:28
2.- Carla Frierio Carril, CLUB AS TORRES-ROMERIA VIQUINGA, 00:17
3.- Carla Raño Romeu, CLUB AS TORRES-ROMERIA VIQUINGA, 00:59

17.- Sabela Pérez Navarro, CLUB PIRAGÜISMO VIVEIRO, 02:42
20.- Rocío Reigosa López, Club PIRAGÜISMO ALTRUÁN DE RIBADEO, 02:55
… ata 36 clasificadas

HOME INFANTIL-B C-1
1.- Pedro Citoula Pérez, CLUB NÁUTICO PONTECESURES 0:12:43
2.- Manuel Fontán Señorans, CLUB NAUTICO O MUIÑO DE RIBADUMIA, 00:16
3.- Aarón Magariños Llerena, CLUB AS TORRES-ROMERIA VIQUINGA, 01:16
… ata 15 clasificados

HOME INFANTIL-B K-1
1.- XOEL GARCIA NEIRA, CLUB KAYAK FOZ, 0:10:11
2.- Gabriel Martínez Pachón, CLUB RIBEIRAS DO TAMBRE-TENREIRA GALEGA, 00:10
3.- Gabriel Saavedra Martínez, CLUB PIRAGÜISMO VERDUCIDO-PONTILLON, 00:19

50.- Saúl Acuña Galocha, CLUB PIRAGÜISMO ALTRUÁN DE RIBADEO, 04:30
66.- Xurde González Linos, CLUB PIRAGÜISMO ALTRUÁN DE RIBADEO, Fóra de control.
… ata 68 clasificados

MULLER INFANTIL-A K-1
1.- Rebeca Pardo Bouzas, CLUB AS TORRES ROMERIA VIQUINGA, 0:10:55
2.- Tamara Isabel Fernández González, CLUB DE PIRAGÜISMO CAMBADOS, 00:03
3.- Marta Folgar Martínez, PIRAGUISMO RIAS BAIXAS-NAUTICO BOIRO, 00:05
….
12.- Sara Gericke Álvarez, CLUB PIRAGÜISMO VIVEIRO, 00:56
… ata 42 clasificadas

MULLER INFANTIL-A C-1
1.- Noa Touris Branco, CLUB AS TORRES ROMERIA VIQUINGA, 0:12:29

HOME INFANTIL-A *C-1
1.-Ignacio Aranguren Abeigón, ESCOLA PIRAGÜISMO CIDADE DE PONTEVEDRA, 0:07:33
2.- Mario Rey López, CLUB NAUTICO RIA DE BETANZOS, 00:12
3.- Jaime Duro Pichel, ESCOLA PIRAGÜISMO CIDADE DE PONTEVEDRA, 00:23
… ata 24 clasificados

HOME INFANTIL-A K-1
1.- Francisco Silva Vieira, CLUB COFRADIA PESCADORES PORTONOVO, 0:09:34
2.- Samuel Villanueva Rodríguez, CLUB PIRAGÜISMO VERDUCIDO-PONTILLON, 00:04
3.- Martiño Beloso Abilleira, CLUB NAVAL DE PONTEVEDRA, 00:11
….
23.- JUAN RIVAS RODRÍGUEZ, CLUB KAYAK DE FOZ, 01:57
28.- NOEL GARCÍA EDROSA, CLUB KAYAK DE FOZ, 02:03
45.- Saul González Muñiz, CLUB PIRAGÜISMO VIVEIRO, 03:14
49.- Raul Feijoó Igrexas, CLUB ALTRUÁN DE RIBADEO, 03:28
… ata 79 clasificados

5ª Regata XIX Liga Galega *Promoción 2014
Campionato Galego Infantís 3000 metros
Clasificación xeral por clubs

1.- BREOGAN DO GROVE, 4195 puntos
2.- CLUB AS TORRES-ROMERIA VIQUINGA, 3862 puntos
3.- PIRAGUISMO RIAS BAIXAS-NAUTICO BOIRO, 3538 puntos
4.- CLUB NAUTICO PONTECESURES, 3017 puntos
5.- CLUB NAVAL DE PONTEVEDRA, 2469 puntos
6.- CLUB NAUTICO FIRRETE, 2267 puntos
7.- ESCOLA PIRAGÜISMO CIDADE DE PONTEVEDRA, 2210 puntos
8.- CLUB PIRAGÜISMO ILLA DE AROUSA, 2166 puntos
9.- CLUB NAUTICO O MUIÑO DE RIBADUMIA, 2033 puntos
10. CLUB KAYAK TUDENSE, 1891 puntos
11.- CLUB DE MAR RIA DE ALDAN-IRMÁNS GANDÓN, 1884 puntos
12.- CLUB PIRAGÜISMO VERDUCIDO-PONTILLON, 1680 puntos
13.- CLUB NAUTICO RIA DE BETANZOS, 1674 puntos
14.- CLUB COFRADIA PESCADORES PORTONOVO, 1597 puntos
15.- CLUB RIBEIRAS DO TAMBRE-TENREIRA GALEGA, 1273 puntos
16.- CLUB PIRAGÜISMO FLUVIAL ALLARIZ, 1156 puntos
17.- SOCIEDADE DEPORTIVA AS XUBIAS, 1070 puntos
18.- CLUB DEPORTIVO NAUTICO DE MIÑO, 1054 puntos
19.- CLUB NAUTICO DE COBRES, 1052 puntos
20.- CLUB PIRAGÜISMO RIO VERDUGO, 1040 puntos
21.- CLUB KAYAK VIGO, 911 puntos
22.- CLUB DE PIRAGÜISMO CAMBADOS, 812 puntos
23.- CLUB DE PIRAGÜISMO TAXAMAR, 774 puntos
24.- CLUB KAYAK FOZ, 606 puntos
25.- CLUB PIRAGUISMO VIVEIRO, 579 puntos
26.- CLUB PIRAGÜISMO CIDADE DE LUGO, 578 puntos
27.- CLUB ALTRUAN DE RIBADEO, 508 puntos
28.- CLUB MARITIMO TAMBO DE MARIN, 507 puntos
29.- CLUB ESCOLA PIRAG.POIO- CONSERVAS PESCAMAR, 390 puntos
30.- CLUB LICEO CASINO DE VILAGARCIA DE AROSA, 368 puntos
31.- REAL CLUB NAUTICO RODEIRA DE CANGAS, 367 puntos
32.- CLUB FLUVIAL DE AVION, 323 puntos
33.- CLUB PIRAGÜISMO NARON, 204 puntos
34.- CLUB PIRAGUISMO RIANXO, 195 puntos

As próximas citas do Club Kayak de Foz son as seguintes: o vindeiro sábado día 19, os infantís desprazaranse a Verducido para disputar o Campionato Galego de Pista para K1 e K2 e o domingo día 20, os alevíns desprazaranse a Narón para a disputa do Campionato Galego de Alevíns.

Exit mobile version