Site icon Crónica3.com A Mariña

Xoel García Neira faise co Subcampionato Galego Infantil-B 1000 m

kayak-foz-verducidoEsta pasada fin de semana, o Club Kayak de Foz disputou dúas regatas pertencentes á Copa Galega de Promoción 2014. O sábado, os infantís disputaron a 5ª Regata do Campionato Galego Infantís 1000 metros co título de Campión Galego da distancia en xogo e o domingo foi a quenda dos Alevíns e Benxamíns coa disputa do Campionato Galego da categoría en Narón.

5ª Regata do Campionato Galego Infantís 1000 metros
O pasado sábado 19 de xullo, o Club Kayak desprazou a Verducido a 3 infantís, Xoel García (Infantil B K1), Juan Rivas (Infantil A K1 e K2) e Alexis Navas (Infantil A K1 e K2), para a disputa do Campionato Galego de pista, co título de campión galego en xogo.

Ás nove da mañá disputábanse as contra-reloxo correspondentes aos infantís A, modalidade K1. Os resultados finais situaban a Juan Rivas no posto 16 cun tempo de 05:13,49, a 00:27,22 do vencedor da contra-rreloxo, Fran Silva do Portonovo que paraba o crono de 04:46,27. Pola súa banda, Alexis Navas situábase no posto 30 parando o crono en 05:27,92 a 00:41,65 do vencedor, pero quedando fóra dos postos que daban acceso ás semifinais por tan só seis segundos.

Ás 10:48, Juan Rivas saía á auga para a disputa da semifinal, na que o 1º, 2º e 3º pasaban á final A, o 4º, 5º e 6º á final B e o resto quedaban eliminados.

Logo de 1000 metros moi intensos tanto para os regatistas como para os seus acompañantes, Juan Rivas entraba no posto 7º, parando o crono en 05:14,84, quedando deste xeito apeado da final de 100 infantil-A K1 por tan só 1,17 segundos.

Trala disputa, ás 13:00 horas, das finais A e B, o podio final desta categoría quedaba formado por Francisco Silva do Club Cofradía Pescadores Portonovo que cun crono de 04:17:610 facíase co ouro, acompañado por Samuel Villanueva Rodríguez do CP Verducido-Pontillón, prata cun crono de 04:25,410 e por David Ribeiro Sanjorge do Club Cofradía Pescadores Portonovo, bronce cun tempo de 04:29,37.

Logo dun merecido descanso, ás catro da tarde renovábanse as probas sendo, esta vez, a quenda do K2 do Club Kayak formado por Juan e Alexis que partían para disputar a contra-reloxo, porta de acceso ás semifinais. Trala disputa de catro series, o K2 do Kayak de Foz quedou situado na sexta posición da xeral, cun crono de 04:52,820 a tan só 00:08,93 da parella vencedora, David Ribeiro e Fran Silva do Club Cofradía Pescadores Portonovo que investiron un tempo de 04:43,280.

O crono de Juan e Alexis dáballes acceso ás series de semifinais nas que, como no resto de regatas, os postos 1º, 2º e 3º pasaban á final A, o 4º, 5º e 6º á final B e o resto quedaban eliminados.

Ás 17:20 o K2 do Kayak competía na 1ª semifinal, entrando na quinta posición cun crono de 04:47,98, crono que lles daba praza para a Final B da especialidade. Ás 19:30 horas Juan e Alexis situábanse na rúa 2 para disputar a final B na modalidade de K2. Os case cinco minutos que durou a regata foron moi emocionantes… podíase ver como os barcos aproximábanse a meta pero non se podían definir moi ben as posicións.

O K2 do Náutico Firrete formado por Raúl Rodríguez e Manuel Villar cruzaba a liña de meta en primeiro lugar investindo un tempo de 04:44,600, seguido a 05:540 polo K2 de Juan Rivas e Alexis Navas do Kayak de Foz os cales marcaban un crono de 04:50,140 facéndose coa segunda praza na Final B do K2 infantil-A. Unha segunda praza que alegrou o día á expedición do Kayak.

A las 16:50 horas, era a quenda da participación de Xoel García Neira nas contra-reloxo Infantil-B K1. Como era de esperar marcou a mellor crono de todos os participantes, 04:42,260, dándolle acceso ás semifinais da categoría. Ás seis de la tarde, regresaba Xoel á auga para participar na primeira semifinal, semifinal que gañaba cun crono similar ó marcado na contra-reloxo, 04:42,830.

Non huubo sorpresas e todos os favoritos pasaron á final. Gabriel Pachón e Ángel González do Tambre Ternera Gallega, Xoel do Kayak de Foz, Joaquín Iglesias e Gabriel Saavedra do Verducido, Carlos Masiño do Tudense, Gustavo López do Ría de Aldán, Javier Villamor do Fluvial e Alejandro Barcia da Escuela Piragüismo Ciudad de Pontevedra. As espadas estaban en todo o alto. A regata foi moi intensa e moi igualada.

Destacados, Gabriel Pachón e Xoel García nas rúas 5 e 6 pugnaban pola vitoria mentres que as rúas 3, 4 e 8 pugnaban pola terceira praza en xogo. Xoel e Gabriel remaban pra con proa, non había un líder claro. Pero ao chegar á marca dos 750 metros Gabriel Pachón aumentou un punto máis o seu ritmo de paleo conseguindo unha mínima vantaxe centímetro a centímetro. Nos metros finais o sprint foi moi pelexado e aínda que Xoel deuno todo, non foi suficiente para arrebatarlle a vitoria a Gabriel Pachón. Os cronos dino todo. Gabriel marcou en meta un tempo de 04:38,970 e Xoel García 04:41,280. O terceiro clasificado saíu da pelexa entre as rúas 3, 4 e 8, decantándose pola rúa 3 do palista do Verducido-Pontillón, Joaquín Igrexas Rodríguez que marcou un crono de 04:52,05.

Con estes resultados, Xoel García Neira alzouse co título de Subcampión Galego Infantil-B K1 1000 metros

Campionato Galego Alevíns/Benxamíns- 2014
O Club Kayak de Foz, único club da Mariña neste campionato, tiña representación en case todas as categorías do Campionato Galego de Alevíns e Benxamíns que, ás 11.15 horas da mañá, comezaba en Narón. Os máis pequenos viaxaban con moita ilusión e ganas de facelo ben neste desprazamento .

A primeira saída foi a das mulleres benxamín K1 na distancia de 1500 metros. A mellor regatista do Club Kayak, nesta categoría, foi María Fernández que finalizou en sexta posición marcando un crono de 10:46, a 00:56 da gañadora, Ana Costas, da Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra. Pola súa banda Marta Fernández Muñoz finalizou oitava a 01:09 da vencedora. Moi boa regata das mozas máis pequenas do club.

Ás 11:20 horas era a quenda dos rapaces do Kayak, os benxamíns K1. O mellor clasificado foi Iván García Méndez que ocupou a oitava praza investindo un tempo de 10:57, a 01:51 do gañador, o palista da Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra, David Bautista que gañou a regata cun crono de 09:06. Os outros dous participantes do Kayak de Foz tiveron unha actuación máis discreta: Iago García Martínez ocupaba a praza número 13 a 02:23 do primeiro e Isaac Méndez Trigo entraba no posto 32 a 03:38 do gañador da proba.

A seguinte saída era para as mulleres alevín-B, K1. Nesta saída a representante do Club Kayak, Laura Fernández Muñoz finalizou na posición 13 cun tempo de 10:35, a 01:58 da vencedora, Lucía Da Costa do Náutico de Pontecesures.

Discreta foi a actuación de Enrique Val que ocupou o posto 37 na regata de home alevín-B K1, investindo un tempo de 12:30 a 03:35 do vencedor, Anxo Martínez da Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra.

Paola García Neira fixo unha fantástica regata na categoría muller alevín-A K1. Desde o pistoletazo de saída, as tres representantes do Kayak, Paola, Naila e Lidia ocuparon o paquete cabeceiro da regata. Aos poucos as forzas foron situando a cada regatista no seu sitio. Mentres Paola pelexaba con Alejandra Manso da Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra pola primeira posición, Naila facía o propio con Fátima Moreira da Escola de piragüismo Cidade de Pontevedra e con Lucía Devesa do Breogán de O Grove pola sexta posición e a Lidia tocáballe a disputa da praza 15 coa palista do Náutico de Miño, Antía Casanova.

Ao final Paola García Neira ocupou a segunda posición cun crono de 09:101, sete segundos por detrás da gañadora Alejandra Manso da Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra. Naila García Neira entrou na sétima posición a 00:35 segundos da vencedora e Lidia Méndez Trigo entrou no posto 15 a 01:22 da gañadora da regata.

Ás 12:40 foi a quenda dos alevínes-A. O Kayak estaba representado por Francisco Louro Pacios e Brais Martín Fraga. Fran estivo en todo momento na pelexa polas primeiras posicións, acabando a regata na quinta posición final a 55 segundos do vencedor Miguel Paz do Verducido-Pontillón. Brais, pola súa banda rematou a proba no posto 23 a 02:28 do vencedor.

Logo dunha intensa mañá de regatas, os resultados alegraron as caras de todos os rapaces, sabendo que o Club Kayak finalizaba a xornada nunha máis que meritoria novena posición con 921 puntos.

O seguinte desprazamento dos infantís do Club será a vindeira fin de semana ao Campionato de España de Pista en Verducido.

Exit mobile version