Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada sobre seguridade marítima en Burela

inauguracion-marO alcalde de Burela, José María González Barcia, asistiu este sábado á xornada de seguridade marítima a bordo, que organizou o ISM e que inaugurou o subdelegado do goberno en Lugo, Ramón Carballo. O rexedor asegurou que se trata dun tema interesante ¨tendo en conta que pouco a pouco vai calando no mundo do mar. É necesario preocuparse pola seguridade dos profesionais do mar¨. González Barcia lembrou que ¨na década dos 60 introducíronse as primeiras balsas nos barcos e nos 70 púxose en marcha a Casa do Mar, punto de inflexión da seguridade dos marineiros e da súa saúde¨. E engadiu que ¨Burela sempre tivo especial sensbilidade pola seguridade e nese sentido hai que seguir traballando. Calquera innovación que se pona en marcha é positiva, a adaptación é cuestión de tempo¨. O alcalde agradeceulle ao ISM a celebración desta xornada en Burela e dixo que tanto o Concello coma a confraria seguirán a colaborar.

Exit mobile version