Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove entrega os premios do I Concurso de Fotografía Medioambiental

ENTREGA PREMIOS CONCURSO FOTOGRAFÍA EN XOVE (1)O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, fixo entrega este xoves nun acto desenvolvido no Salón de Plenos do Concello, dos premios aos gañadores do I Concurso de Fotografía Medioambiental convocado fai uns meses pola Concellería de Cultura.

Baixo o lema “Xove, a súa costa e o seu mar” a idea básica deste concurso era a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.

Dentro do concurso tivemos dúas categorías:
-Adultos, 18 anos ou máis.
-Xuvenil, para menores de 18 anos.

No Concurso participaron 19 persoas. O xurado, que estivo nesta ocasión formado polo pintor xovense Juan Manuel Guerreiro Vázquez “Xoan Guerreiro” e polo fotógrafo de prensa Xaime Fernández Ramallal “Xaime”, actuando como Secretario o Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello Dº Mario Eijo Barro, acordou outorgar os seguintes premios:

Categoría xuvenil:
Primeiro premio de 100 €uros: MARÍA BAKTEEVA, coa obra “NORAY”
Segundo premio de 50 €uros: CLAUDIA VÁZQUEZ SÁNCHEZ coa obra “O QUE A NOSA NATUREZ VE”.

Categoría adultos:
Primeiro premio de 100 €uros: JAVIER VILLARES LAMAS, coa obra “FUENTE DE…”.
Segundo premio de 50 €uros: JUAN ANTONIO FERNÁNDEZ VÁZQUEZ, coa obra “CIRCUMPOLAR EN RONCADOIRO”.

A esta entrega só faltou Claudia Vázquez, gañadora do segundo premio en categoría xuvenil, por estar de viaxe.

Exit mobile version