Site icon Crónica3.com A Mariña

Xunta e ADEGA anovan o convenio de colaboración para seguir desenvolvendo o Proxecto Ríos

A presidenta de ADEGA Virxinia Rodríguez e a nova conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, asinaron un convenio de colaboración entre a Xunta e ADEGA polo que se garante o financiamento público do Proxecto Ríos este 2014.

O Proxecto Ríos é un programa de voluntariado e educación e sensibilización ambiental arredor dos ríos. O obxectivo é promover a sustentabilidade en relación coa contaminación e co deterioro dos ecosistemas fluviais analizando a calidade das augas –fisicoquímica e biolóxica- e o estado de conservación das marxes fluviais e dos ecosistemas.
Máis de 3000 persoas implicadas no coidado dos nosos ríos

A metodoloxía do traballo baséase na implicación do voluntariado local que inspecciona as condicións ecolóxicas dos ríos e faise responsábel da vixilancia e protección dun treito. Dende hai 10 anos ADEGA ven promovendo e dando soporte en Galiza a este proxecto, e arestora hai por todo o país 283 grupos de voluntarios e voluntarias que implican a máis de 3000 persoas.

Exit mobile version