Site icon Crónica3.com A Mariña

XV Festival Aires do Masma

aires-do-masmaA organización estivo agardando ata o último momento unha melloría nas condicións climatolóxicas para poder desenvolvelo ao aire libre. E a hora para a que estaba programado o tempo deu un respiro e numeroso público acudiu a ver as actuacións programadas do XV Festival Aires do Masma. Porén esas mesmas condicións climatolóxicas incidiron negativamente nos aparellos electrónicos e non se puideron ofrecer as mellores condicións de son e luz. Por iso, a organización quere pedir disculpas ao numeroso público asistente, que a pesar disto agradeceu cos seus aplausos o bo facer dos grupos participantes.

Exit mobile version