Site icon Crónica3.com A Mariña

XV Festival Aires do Masma

aires-do-masmaO XV Festival Aires do Masma celebrarase este sábado 19 de xullo en Foz. A esta edición acuden invitados os grupos Batuco Tabanka de Burela e Prau LLerón de Mieres para actuar conxuntamente co grupo anfitrión A Subela. O festival está previsto que comece ás 21.00 horas na praza Conde de Fontao; pero, previamente, haberá un pasarrúas dende a praia de A Rapadoira ata o porto de Foz. Se as condicións climatolóxicas non permiten celebrar o festival ó aire libre, celebrarase na Sala Bahía á mesma hora.

Exit mobile version