Site icon Crónica3.com A Mariña

XVI Festa do cabalo e turismo rural no Vicedo

O Vicedo acolle o domingo 20 de xullo a XVI Festa de turismo rural e Festa do cabalo no Mirador Parque Eólico Riobarba. O programa da comezo ás 13.00 horas cunha misa na honra a San Vicente de Francos para dar paso a unha degustación de produtos típicos arredor das 14.30 horas nunha zona reservada para os participantes. Ás 17.00 horas está previso o inicio do campionato ecuestre no que se reparten 1.200 euros en premios. A entrega dos mesmos realizarase ás 18.30 horas e xa ás 19.30 comezará o baile amenizado por unha gran orquestra.

Exit mobile version