Site icon Crónica3.com A Mariña

XXXIII Festival Folclórico do Emigrante

folclorico1O campo de fútbol As Valgas, en San Miguel de Reinante, acollerá o vindeiro sábado, 2 de agosto, o XXXIII Festival Folclórico do Emigrante, que organiza a agrupación O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros. A partir das 22.00 horas farán as delicias do público o conxunto popular Umuzi Wenkosi, de Sudáfrica; o grupo de danzas Gorets, da República Osetia (Rusia), a asociación folclórica Estirpe de Aragonía, de Huesca; e os anfitrións, a asociación folclórica O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante. O evento foi presentado este mediodía no salón de plenos do Concello. Alí estiveron o alcalde, Alfonso Fuente, o presidente do Arco da Vella, Enrique Penabad, e outros membros desta asociación, e o presentador do evento, que será Xosé Manuel Orriols.

Exit mobile version