Esta actividade serviu ademais para que o número de socios de Amadores da Música aumentara nunha vintena, explicou o presidente do colectivo, José Luis Pulpeiro, quen se mostrou satisfeito de cómo se desenvolveu a xornada e destacou que “o tempo acompañounos e estivo unha noite estupenda”.
A Banda de Música Municipal de Ribadeo desprazarase hoxe, luns, a Cedeira para participar nun festival que empezará cun pasacalles ás sete e media da tarde.
Este xoves, día 14, ás once da noite terá lugar na Praza 8 de Marzo, que está detrás do Cine Teatro Ribadeo, o segundo concerto do ciclo Agosto Musical 2014, que correrá a cargo da sección de vento madeira da banda ribadense xunto co grupo Ribadeo Clarinet Connection, baixo a dirección de David Ballester.
E o sábado, día 16, a Banda de Música Municipal de Ribadeo actuará na festa de San Roque. Ofrecerá un concerto nesa rúa da vila ribadense despois da procesión.