Site icon Crónica3.com A Mariña

Todo preparado en Ribadeo para o LXIII Emma Cuervo

Todo listo no Pepe Barrera para o partido desta tarde entre o CD Lugo e o Sporting de Xixón correspondente ó LXIII Trofeo Emma Cuervo.

O encontro do trofeo vicedecano dos torneos veraniegos en España organizado polo Ribadeo FC comezará ás 19.30 horas deste sábado 2 de agosto e as entradas poden adquirirse de xeito anticipado no Bar Queimada, Bar Ribeira e Cervecería San Roque por un prezo de 15 euros para adultos e 5 para nenos e nenas de ata 13 anos. As ventaíñas do estadio municipal permanecerán abertas dende dúas horas antes do encontro, é dicir, dende as 17.30 horas.

O Presidente do Ribadeo FC, Víctor López, asegura que “o Trofeo Emma Cuervo é unha festa en Ribadeo” e “anima ós amantes do fútbol a achegarse ó Pepe Barrera para disfrutar do que considera “será un gran partido con rivalidade sana entre un equipo galego e outro asturiano”.

Inicio da tempada regular
O Ribadeo FC comezará a tempada 2014/2015 o vindeiro 24 de agosto no Pepe Barrera ante o Alondras CF. Na segunda xornada de Liga na Terceira División viaxará a Cerceda e o 7 de setembro recibirá ó Pontevedra CF.

Os celestes veñen de gañar por 0 goles a 2 nun amigable disputado en Sarria o venres 25 de xullo. Marcaron para os mariñáns ante a Sarriana, David Rodríguez e Karri. Os seguintes partidos de pretemporada disputaranse en Friol (nun triangular entre os locais, o Castro e o Ribadeo) o martes 5 de agosto, en Navia o martes 12 de agosto ante o Andés CF na disputa do Trofeo de La Amistad e o venres 15 en Vegadeo mediranse ó Astur Vegadense no Trofeo das Festas Patronais.

Exit mobile version