Site icon Crónica3.com A Mariña

A II Carreira Popular Benquerencia Terra – Mar celebrarase o domingo 7 de setembro

A 2ª Carreira Popular Benquerencia Terra – Mar, organizada polo Centro de Instrucción e Recreo de Benquerencia, que terá lugar o vindeiro domingo 7 de setembro de 2014 a partires das 09.30 horas, foi presentada este xoves pola tardiña na mesma riveira da praia de Valea -ó lado da Tapería O Castro e a parrillada Oliñas- onde se congregou numeroso público. Tamén estiveron presentes o Excmo. Sr. Alcalde do Concello de Barreiros, o Presidente da Federación Galega de Atletismo, Secretario da Federación Galega de Atletismo, o Xefe Provincial do Servizo de Deporrtes da Xunta de Galicia, Membros das asociacións e clubes colaboradores, Asociación VEA, Xefe protección civil Barreiros, Sarxento e presidente da Asociación de bombeiros da Mariña, Presidente do Clube Deportivo Pracias de Barreiros, Presidente do CIR de Benquerencia e o vice-presidente da Escuela de Surf North Shore, entre outros.

Aperturaba esta presentación oficial, o Presidente do C.I.R. de Benquerencia, organizador do evento, dando un percorrido polo inicio da carreira, fai casi xa un ano, lembrando aquela iniciativa que ahora xa é unha realidade, e da que indicaba ian por todos os esforzos en conseguir que esta nova edición fora un novo éxito, non sin expresar a sua tristura polo atranco que supón, que a última hora, e dende o concello veciño de Ribadeo, se colocase xusto o día anterior as seis da tarde unha media maratón, que sin duda nos vai a roubar participantes.

Durante as distintas intervencións, destacabase por parte dos presentes a forza que en tan só unha edición acadou esata proba, que xa está a ser un referente nas probas de atletismo, non so a nivel galego sinón nacional, formando parte xa do calendario da F.G.Atletismo, da cal o seo presidente louvaba a grandeza desta proba, así como as caracteristicas tan especiais que reune o percorrido, nun entorno tan especial, mezclando o paisaxe fermosa do interior do pobo de Benquerencia, xunto con a indiscutible das praias donde discurre a parte de mar da carreira, ademais de lembrar a singularidade deses 300.- ms. que recorrerán os participantes pola beira auga, así mismo facia un claro apoio a mesma, poñendo o dispor da organización os medios dos que dispón a Federación Galega de Atletismo.

Non faltaron eloxios por parte do Xefe Provincial do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero, quen agradecía a colaboración desinteresada das distintas asociación e casas comerciais, e pedía unha competición participativa, e sobre todo limpa, na que tanto gañadores como perdedores, disfrutaran do deporte do Atletismo, e dos paisaxes e singularidade desta proba.

E por último era o Excmo. Sr. Alcalde do Concello de Barreiros D. Alfonso Fuente, quen facía a derradeira intervención da presentación, animando a participación, e agradecendo o Centro de Instrucción e Recreo de Benquerencia a sua labor na organización e acerto no diseño da proba, a cal da xa como asentada a vez que ´poñía a disposición da organización todo o apoio por parte do Concello.

Só queda esperar a que a xente que desexe participar, siga apuntandose en todas e cada unha das categorías que a carreira ofrece, e esperar que o vindeiro dia 7 de setembro esta edición da 2 carreira popular benquerencia terra mar, sexa un novo exito para todos.

A inscrición está aberta ata o mércores 3 de setembro en www.benquerenciaterramar.jimbo.com en www.carreirasgalegas.com/calendario e en www.atletismogalego.com/fga/pop_index.asp.

Exit mobile version