Site icon Crónica3.com A Mariña

A baliza provisional do faro de Burela está a ser instalada

Burela, 4 de agosto de 2014. O alcalde, José Mª González Barcia, subliñou que este luns se está a instalar a baliza provisional na rocha do faro de Burela. Ten 5 metros de altura e estará operativa mentres non se constrúa o novo faro.

O rexedor dixo que “a previsión é que hoxe mesmo remate a súa instalación”. González Barcia referiuse ao faro derrubado por un dos temporais do pasado inverno: “estase procedendo ao seu torado no mar e despois transportaranse a terra as dez pezas resultantes”.

O alcalde burelés lembrou que “Acciona Ingeniería está a redactar o proxecto do novo faro de Burela e en cuestión de mes e medio, mais ou menos, coñeceremos as características do mesmo. Como se sabe todo isto é competencia da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, que está a cumprir os prazos previstos no seu día”.

Exit mobile version