Site icon Crónica3.com A Mariña

A Casa do Mar acolleu a presentación do documental sobre ‘As Memorias do Mar de Ribadeo’

memorias-mar-ribadeoA Casa do Mar de Ribadeo acolleu o venres pola noite a presentación do vídeo documental “AS MEMORIAS DO MAR DE RIBADEO”, que promove a Federación Provincial de Confrarías de Lugo gracias a unha axuda da Consellería do Mar a través dos Grupos de Acción Costeira (GAC-01 A Mariña-Ortegal) e no que colaboran as seis confrarías da provincia.

A presentación do documental correu a cargo do Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, e Sergio López, Secretario da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo, que promove esta iniciativa, que consiste nunha serie de seis documentais sobre cada unha das confrarías de pescadores da provincia, nos que se destacan os principales aspectos da historia local de cada pobo, íntimamente relacionados co mar.

Tamén asistiron o Presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo, Alfonso García Ben, o actual Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ribadeo, José Luis García, así como os dous Patróns Maiores anteriores da Confraría, Celia Pacio e Domingo Fernández.

Na Casa do Mar xuntáronse tamén as persoas que participaron na elaboración do documental e que son personas relacionadas co mar, tanto mariñeiros xubilados como outros profesionais do mar en activo.

Unha vez presentados os documentais de San Ciprián, Celeiro, O Vicedo, Foz e Ribadeo, o seguinte en presentarse nas próximas semanas será o da Confraría de Burela, co que se completa a colección de seis películas. De cada un destes documentais edítanse 1000 copias en DVD, que se distribuirán gratuitamente a través de cada unha das seis confrarías de pescadores e da propia Federación Provincial de Confrarías, que tamén o empleará como material de promoción e divulgación en feiras de mostras, xornadas técnicas e outros eventos relacionados.

Exit mobile version