Unha celebración gastronómica na que se porán á venda 500 quilos deste molusco preparado ao vapor. As racións terá un prezo de 3 euros e incluirán ademais pan e viño Albariño. A degustación comezará as 13 h. na zona do porto, e prolongarase ao longo do día ata rematar existencias. Ao mesmo tempo haberá inchables para os nenos e nenas.
Unha exaltación que se celebra coincidindo co II Mercado Viquingo “co obxectivo de que ambas festas se poidan complementar, engadíndolle un atractivo gastronómico” asegura Soto, que ademais quixo aproveitar para agradecer a Pescados Pena e Cetárea-Cocedero “o seu patrocionio, co que fai posible esta festa”, así como aos colaboradores Concello de Cervo, Manuel Bea Albariño, Mariscos Sálvora e Puzzle Animación.
O presidente da comisión agarda que “veciños e visitantes se impliquen nesta festa e se animen a probar este produto galego preparado ao vapor para aproveitar ao máximo o seu exquisito sabor”.