Site icon Crónica3.com A Mariña

A comisión pro residencia de maiores en Ribadeo pídelle á Xunta modificacións no borrador de convenio

la foto 1Ribadeo, 28 de agosto de 2014.- Acaba de rematar no Concello a reunión que mantivo esta tarde a comisión pro residencia en maiores, da que forman parte os partidos políticos con representación no Concello e os representantes da plataforma veciñal.

A comisión acordou por unanimidade remitirlle a contestación, que se adxunta, ao borrador de convenio de colaboración enviado no seu día pola Consellería de Traballo e Benestar. O alcalde, Fernando Suárez, acaba de asegurar que “aínda que tarde, aceptamos o seu ofrecemento, pero nesta contestación indicámoslles unha serie de cousas que deben corrixir, porque si se fixesen tal e como propoñen serían ilegais”.

A comisión confía en que “corrixan as cuestións que lles propoñemos e que en breve nos chamen para asinar o convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello”.

Suárez Barcia lembrou que o orzamento definitivo de construción da residencia de maiores de Ribadeo e o seu equipamento supera os 2.500.000 euros.

Exit mobile version