Site icon Crónica3.com A Mariña

A exposición de manualidades pódese ver no Ecomuseo durante as festas patronais de Cervo

exposicion_manualidadesCervo, 14 de agosto de 2014- O Ecomuseo acolle dende este xoves ata o día 23 de agosto a exposición de manualidades que pon en marcha a Asociación de Veciños Cervo Sargadelos. Unha mostra na que se poden ver os traballos elaborados polas máis de 30 alumnas dos cursos de costura e bordado, encaixe, e manualidades que ofrece de outubro a xuño esa mesma asociación.

Nesta exposición pódense ver diferentes aplicacións destas manualidades, como roupa do fogar, vestir ou complementos. Así, durante as clases, as alumnas participantes aprenderon punto de cruz, vainica, macramé, calceta, encaixe ou restauración de obxectos antigos entre outras destrezas.

A mostra inaugurouse esta tarde no Ecomuseo e ao acto asistiron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Begoña Alonso, membros da directiva da asociación, o profesorado e alumnado dos cursos.

Uns traballos que se poderán ver durante os días das festas patronais de Cervo, ata o 23 de agosto, en horario de 18 a 20 h. agás o sábado, o día no que se celebra o Mercado Tradicional e a Queimada Popular, no que a mostra permanecerá aberta todo o día. De feito, esta inauguración é o primeiro acto das festas, que continúan co pregón a cargo do director de El Progreso, José de Cora, a IX Festa do Ovo Frito e verbena.

A edil de Cultura quixo felicitar ás alumnas por estes traballos “que demuestran lo mucho que aprendieron y las ganas con las que acuden a estos cursos” destacando os resultados “que vale la pena contemplar y que tienen un gran valor al ser piezas únicas y hechas a mano”.

Exit mobile version