Site icon Crónica3.com A Mariña

A exposición ‘Xuventude Activa’ será inaugurada este martes na OMIX de Xove

Como remate do proxecto de voluntariado “Xuventude Activa”, participantes e voluntarios organizan unha exposición dos traballos realizados con fotografias das diferentes actividades desenvolvidas durante os meses de xullo e agosto en Xove. Dita exposición será inagurada o martes 19 de agosto ás 13.00 horas na Oficina de Información Xuvenil.

A este acto están invitados todos os nenos e nenas participantes, pais e nais, persoal de voluntariado, técnicos da OMIX, o Alcalde Demetrio Salgueiro e as concelleiras de Xuventude, Cultura e Deportes.

Este Proxecto, organizado a través da Concellería de Servizos Sociais, Xuventude, Muller e igualdade do Concello de Xove, está enmarcado dentro da área de actividades xuvenís no ámbito do voluntariado, subvencionadas pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta e Galicia. Está formado por 5 voluntarios e participaron un total de 25 nenos e nenas.

Exit mobile version