Site icon Crónica3.com A Mariña

A Federación Provincial presenta este domingo en Foz o vídeo sobre ‘As memorias do mar de Foz’

Este domingo a partir das 20.30h terá lugar no CENIMA de Foz a presentación do vídeo documental “AS MEMORIAS DO MAR DE FOZ” que promove a Federación Provincial de Confrarías de Lugo gracias a unha axuda da Consellería do Mar a través dos Grupos de Acción Costeira (GAC).

Esta película inclúese nunha serie de seis documentais sobre cada unha das confrarías de pescadores da provincia, nos que se destacan os principales aspectos da historia local de cada pobo, íntimamente relacionados co mar.

“As Memorias do Mar de Foz” é unha película documental duns treinta minutos na que se presenta unha parte da memoria histórica do pósito de Foz, cos recordos e reflexións de personas relacionadas co mar, mariñeiros xubilados como Ricardo Lage Lousas, Antonio Rey Otero (Ton), José Lestegás Otero (Pepe de Casquera) e Francisco Fernández; relacionados coa carpintería de ribeira como Pedro Fraga Otero; Suso Fernández, cronista oficial do Concello de Foz; e outros profesionais do mar en activo como o actual patrón maior José Juan Lestegás Iglesias (artes menores) e o anterior José Alberto Rey Lestegás (cerco).

O documental fai un repaso á historia da Confraría de Foz do último século, creada polos anos 20 e na que os intervintes aportan recordos de como era a pesca cando empezaron eles, como foi evolucionando a pesca cos cambios tecnolóxicos e de seguridade. Tamén se recordan os anos de abundante pesca como a do chicharrón dos anos 40 e 50, a importante actividade de cabotaxe do porto, os asteleiros, naufraxios, etc.

A presentación do vídeo é un acto aberto ó público e terá lugar este domingo 17 de agosto ás 8 e media da tarde no CENIMA de Foz. De cada un destes documentais edítanse 1000 copias en DVD, que se distribuirán gratuitamente a través de cada unha das seis confrarías de pescadores e da propia Federación Provincial de Confrarías, que tamén o empleará como material de promoción e divulgación en feiras de mostras, xornadas técnicas e outros eventos relacionados.

Exit mobile version