Site icon Crónica3.com A Mariña

A Feira do Libro de Foz, inaugurada este xoves, continúa ata o domingo na praza Conde de Fontao

290814 FOTO INAUGURACIÓN FEIRA DO LIBRO FOZ (2)Foz, 28 de agosto de 2014.- A Feira do Libro de Foz, que foi inaugurada onte, continúa ata este domingo, día 31, na praza Conde de Fontao, onde se desenvolven diversas actividades incluídas na programación do certame.

O pregón inaugural correu a cargo do escritor e xornalista Martín Fernández Vizoso, natural de Cangas de Foz. No acto participaron tamén o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e a coordinadora xeral das feiras do libro da Federación de Librarías de Galicia, Nani Regueira Rodríguez.

A feira está aberta ao público en horario de 5 e media da tarde a 10 da noite. Durante as tres xornadas que restan haberá diferentes actividades: presentacións de libros, firmas de publicacións por parte dos seus autores, contacontos e un concurso infantil de debuxo. Ademais o domingo, día da clausura, ás 7 e media da tarde a Banda Municipal de Música de Foz ofrecerá un concerto.

Exit mobile version