Site icon Crónica3.com A Mariña

A final do Torneo Federado Oro Padelbyfit e Open Adarsa Siete Pecados disputarase este domingo en Ribadeo

padel-ribadeoRibadeo, 22 de agosto de 2014. As instalacións de Pádel Club Ribadeo acollen ata o vindeiro domingo, 24 de agosto, o torneo federado ORO Padelbyfit e OPEN ADARSA SIETE PECADOS. En total haberá 7.000 euros en premios e o sorteo de diverso material deportivo.

O torneo, que deu comezo o luns, estase disputando nas seguintes categorías: federado masculino, open masculino de 2ª e 3ª división, open feminino e open mixto. Máis de 100 parellas estanse dando cita neste torneo, ademais de 6 xogadores do circuíto profesional (Wold PadelTour) como Ramiro Moyano, David Gutiérrez, Chico Gómes e Pablo Lijó, entre outros.

O domingo as semifinais absolutas disputaranse ás 11.30 da mañá e ás 15.00 horas. O partido polo 3º e o 4º posto xogarase ás 18.30 horas e a gran final terá lugar a partir das 20.00 horas.

O torneo federado ORO Padelbyfit e OPEN ADARSA SIETE PECADOS está organizado polo Grupo Adarsa, Siete Pecados e Medias Tintas. E conta coa colaboración de Jim Sports, Acisa Ribadeo, Manualidades Marta, K2 Tenis e Pádel, Federación Galega de Pádel, Xunta de Galicia, Deporte Galego e Concello de Ribadeo.

Exit mobile version