Site icon Crónica3.com A Mariña

A Liga Céltiga Galaica organiza o XIV Encontro dos Penidos

roteiro San ToméO Valadouro, 20 de agosto de 2014.- A asociación cultural Liga Céltiga Galaica, con base en terras do Valadouro, organiza o décimocuarto Encontro dos Penidos para o vindeiro 30 de agosto.

O programa será o seguinte:

10:00 h.: Saída dende a Casa da Cultura “Manuel Lourenzo”, Ferreira.

Lugares que se visitarán durante o percorrido:
-As Curuxeiras (pedras con cruces gravadas).
-Pedra zoomórfica (tradicional foto de grupo a carón do oso pétreo).
-Camiño cara ao antigo mosteiro de Santana.
-A Veiga Mol (pedra chamada “Cama do Santo”).
-As Parañoas (interesantes petroglifos: A dama, as constelacións…)
-Pena da Serpe.
-Outeiro da Árbore Vella -Túmulos do Padorno.
-Cova do Navallo.
-Anta do Padorno (o famoso dolmen de San Tomé).
14:30 h.: Xantar no espazo de lecer do Curro da Rapa (os participantes deberán levar a súa comida)
16:30 h.: Recital do Padorno (os participantes poden ler ou recitar as súas composicións poéticas, narrar lendas, contos…)
18:00 h.: Remate do roteiro.
22:00 h.: Cea de confraternidade no bar San Pedro (Mor, Alfoz): Para asistir á cea é preciso apuntarse antes do día 27 no 600378363 ou en ligaceltigalaica@gmail.com

ORGANIZA: Asociación Cultural Liga Céltiga Galaica.
COLABORA: Bar San Pedro (Mor, Alfoz).

Exit mobile version