Dende Acisa afirmaron que “as expectativas eran boas para esta terceira edición do Ribadeo Aberto e cumpríronse” e recordan que “veciños e visitantes puideron gozar desta Noite Flúor grazas ao traballo dos corenta establecementos que abriron as súas portas ata as doce da noite de onte”. Tamén agradeceron a participación a tódolos clientes que acudiron aos comercios locais para facer as súas compras e aproveitaron os descontos e as promocións realizadas, ademais de seren agasallados con música, con tapas ou con cócteles nalgúns deles. Por outra banda, Acisa tamén mostrou o seu agradecemento ao grupo musical Zúmballe Batukada “por animar as rúas ribadenses dende as 9 ata as 12 da noite nesta ocasión especial”.
Acisa adiantou a súa intención de continuar levando a cabo nos vindeiros anos novas edicións deste Ribadeo Aberto.