Site icon Crónica3.com A Mariña

A praza Conde de Fontao acollerá dende este xoves 28 ata o domingo 31 a Feira do Libro de Foz

260814 FOTO PRESENTACIÓN FEIRA DO LIBRO FOZ (2)Foz, 26 de agosto de 2014.- A praza Conde de Fontao acollerá dende este xoves, día 28, ata o domingo 31 a Feira do Libro de Foz. Foi presentada este martes polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e pola coordinadora xeral das feiras do libro da Federación de Librarías de Galicia, Nani Regueira Rodríguez.

A feira estará aberta ao público os catro días en horario de 5 e media da tarde a 10 da noite. Será inaugurada o xoves ás 19 horas cun acto no que haberá intervencións institucionais, o pregón a cargo do escritor e xornalista Martín Fernández Vizoso e unha actuación da agrupación folclórica A Subela.

Durante as catro xornadas haberá diferentes actividades: presentacións de libros, firmas de publicacións por parte dos seus autores, contacontos e un concurso infantil de debuxo. Ademais o domingo, día da clausura, ás 7 e media da tarde a Banda Municipal de Música de Foz ofrecerá un concerto.

Exit mobile version