Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo de matrícula nun curso de informática para nen@s de 10 a 14 anos en Burela

Burela, 4 de agosto de 2014. O Concello de Burela poñerá en marcha o vindeiro luns, 11 de agosto, un novo curso de informática Iniciación a Internet e procesador de textos para nenos. A actividade levarase a cabo na Aula CeMIT e estará dirixida a rapaces de entre 10 e 14 anos. Os interesados poden realizar ata o 8 de agosto a súa inscrición na propia Aula CeMIT, situada na Casa da Xuventude de Burela.

O curso, impartido polo Concello en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica da Xunta de Galicia, levarase a cabo na Aula CeMIT dende o vindeiro luns, 11 de agosto, ata o 4 de setembro, en horario de mañá de 12:00 a 13:00 horas. Dende a Delegación Municipal de Educación sinalan que “esta actividade servirá para ensinarlles aos nenos a buscar información en internet, a manexar o procesador de textos Libreoffice Writer e a elaborar traballos nel”. Ademais recordan ao resto de usuarios da Aula CeMIT de Burela, que poderán seguir facendo uso libre dos equipos e da internet da aula mentres dure o curso, en horario de mañá de 08:00 a 09:00 e de 13:00 a 14:00 horas.

Os interesados neste curso de informática poden solicitar máis información ou realizar a súa inscrición, na propia Aula CeMIT situada na Casa da Xuventude de Burela, na páxina web https://cemit.xunta.es/ ou a través do correo electrónico cemit.burela@xunta.es.

Exit mobile version