Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo para solicitar a adhesión ó banco para a xestión da biomasa forestal na Mariña Central

O venres 1 de agosto abriuse o prazo de presentación de solicitudes para aqueles propietarios de montes, que desexen formar parte do BANCO PARA A XESTIÓN DA BIOMASA FORESTAL na Mariña Central.

O ámbito de actuación do mesmo, está restrinxido ós propietarios de montes, dos concellos de Lourenzá, Mondoñedo, Alfoz, O Valadouro, Foz e Burela.

Xestionarase un determinado número de toneladas de biomase por concello, polo que unha vez cuberta esa cantidade, as solicitudes que se presenten a continuación, consideraranse fóra de prazo, polo que serán desestimadas, quedando supeditadas a unha próxima ampliación das mesmas.

Nese sentido, o laurentino Alfredo Rodríguez, relacionado co sector madereiro dende o 2006 e que traballa nun proxecto para a instalación dunha planta de biomasa na Mariña Central, ofrece os seus servizos; xa que “moi poucas persoas coñecen a fondo o tema da certificación forestal e a curto praza vai causar problemas ós propietarios dos montes”. Esta certificación supón “o compromiso de cumrprir a corto, medio e longo prazo cos principios de xestión forestal sostible”, asegura.

Exit mobile version