Site icon Crónica3.com A Mariña

Alcaldes e voceiros do PP trasladarán a Besteiro as súas propostas para a elaboración dos Orzamentos Participativos

Lugo 1 de agosto de 2014.- Alcaldes e voceiros do PP trasladarán a Gómez Besteiro as súas propostas para a elaboración dos Orzamentos Participativos.

Rexedores e portavoces asistiron na xornada deste xoves á Deputación de Lugo logo de ser invitados, por primeira vez, a participar e manifestaron que lle trasladarán a Gómez Besteiro as súas propostas dende os Concellos.

Os populares consideran que esta invitación débese a moción que o martes levaron ao pleno provincial logo de que Gómez Besteiro non os convocase e non contase con eles para nada malia a ser os representantes lexítimos dos municipios.

Afirman que foi a moción do GPP, a que puxo en evidencia as incoherencias do presidente da Deputación, e aseguran que pese a votar en contra desta na sesión plenaria, Besteiro viuse obrigado a rectificar. Lembran que algo semellante pasou o mes anterior cos Orzamentos Participativos, un compromiso que Gómez Besteiro non puxo en marcha

Consideran que a forma de invitación non foi a axeitada, xa que a convocatoria realizouse cunha chamada telefónica o día anterior, polo que agora manterán reunións cos seus veciños, “algo que leva o seu tempo”, para trasladar a Gómez Besteiro as propostas.

Exit mobile version