Site icon Crónica3.com A Mariña

Alonso lémbralle ao PSOE que o Concello non sube o custo da auga dende o 2013 e mantén ese compromiso ata o 2015

Cervo, 28 de agosto de 2014.- A edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, lembroulle hoxe ao grupo municipal socialista que o Concello leva dende o ano 2013 sen subir o custo da auga aos veciños. Un tempo no que o Concello nin sequera fixo a actualización do IPC. Ademais, recalca que o prezo da auga que establece o Concello tampouco subirá no 2015.

Alonso lembra tamén que esta medida inclúese dentro do compromiso anunciado polo Concello de non subir ningún imposto, nin taxa municipal durante 2013, 2014 e 2015. Un compromiso que fixo público en numerosas ocasións.
Da mesma maneira, a edil quere axudar aos socialistas a facer memoria sobre a rede de abastecemento de auga. “El único gobierno que privatizó el servicio de agua fue el del PSOE”, asegura, “una privatización que la Justicia consideró ilegal y que decidió anular”. “Sólo del PSOE de Cervo es capaz de echar de menos un servicio de aguas privatizado de forma ilegal”.

Ademais, Alonso non entende “por qué el PSOE hace campaña contra el Consorcio cuando en el 2005, en pleno, votó a favor de su creación”. Da mesma maneira a edil explica que o Consorcio só se ocupa da xestión da auga en alta, é dicir, dende que sae dos encoros de Rúa e Río Covo ata que chega á potabilizadora da Senra. Despois o Concello, con medios e recursos públicos municipais, encárgase da xestión en baixa, é dicir, de levar a auga dende a estación potabilizadora da Senra a todos os fogares. De feito foi o goberno do PP o que volveu facer público este servizo despois da privatización do PSOE.

A responsable de Medio Ambiente lembra tamén que nos últimos anos realizáronse importantes melloras na rede de auga, como eliminar os bombeos do río Xunco, que poñían en perigo o caudal. Así, gañouse calidade do servizo, garantíndose que nunca vai faltar auga potable en ningún fogar do concello. Ao mesmo tempo, o novo sistema é moito más respectuoso co medio ambiente.

Exit mobile version