Site icon Crónica3.com A Mariña

Alonso: “San Ciprián tendrá saneamiento este año a pesar de los impedimentos y las deslealtades de PSOE y BNG”

Cervo, 1 de agosto de 2014- A edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, respondeu este venres ás críticas do grupo municipal nacionalista sobre o saneamento de San Cibrao. Alonso lembrou unha vez máis que “todos los retrasos y todos los impedimentos en el saneamiento de San Ciprián se los debemos al bipartito, y a sus cómplices, los representantes do PSOE y BNG en el Concello”.

A edil lembra que a Xunta do PP tiña adxudicado un proxecto completo, con 20 anos de mantemento que o bipartito PSOE-BNG cancelou, pagando 200.000 euros á empresa e contratando despois un proxecto incompleto, sen emisario e sen un só ano de mantemento.

Alonso esixe explicacións ao PSOE e ao BNG “por romper un contrato, retrasar la obra y cambiar un proyecto completo por uno a medias”. Da mesma maneira a responsable de Medio Ambiente asegura este ano vaise poñer en funcionamento a rede de saneamento e a EDAR, “a pesar de que el BNG, con sus declaraciones, demuestre que le interesa más desprestigiar al Concello en lugar de que los vecinos tengan saneamiento”.

“Los desaguisados del gobierno de Touriño y la deslealtad de los representantes de PSOE y BNG en Cervo se han traducido en años de retrasos y en un proyecto sin terminar que ha tenido que venir a enmendar la actual Xunta de Galicia” explica. Polo tanto, “en lugar de criticar”, recomenda Alonso, “hagan examen de conciencia y den explicaciones de su traición a los vecinos”.

Accesos ao polígono
En canto ás críticas do BNG sobre os accesos ao polígono, o grupo de goberno lémbralle a Estúa, “por se xa se lle esqueceu”, que votou a favor de reclamarlle á Deputación o remate desta estrada. Por iso, pídenlle que “a partir de agora vele polo cumprimento do acordo de PP e BNG na corporación”. Para iso, recoméndanlle a Estúa que “traballe, como asesor do BNG, para que a Deputación inclúa unha partida nos orzamentos do 2015 que faga realidade os accesos”.

Exit mobile version