Site icon Crónica3.com A Mariña

As actividades de verán da ocioteca remataron cunha festa de disfraces, merenda e xogos en Burela

300814 Foto festa remate ociotecaBurela, 30 de agosto de 2014.- As actividades da ocioteca Verán activo Gaia 2014 remataron cunha festa de disfraces, merenda e outras actividades para os participantes como a elaboración dun mural de grafitis, un desfile de disfraces ou o xogo do amigo invisible.

Na ocioteca, segundo explicou a concelleira de Mar e Medio Ambiente, Patricia López Eijo, “houbo 30 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos e 15 nenos e nenas de 8 a 12 anos, que durante o desenvolvemento desta iniciativa participaron en multitude de actividades organizadas polas monitoras do centro de educación medioambiental Gaia”. Os rapaces fixeron rutas a pé e en bicicleta polas praias e outras zonas do litoral burelés; tamén tiveron actividades como manualidades creativas con materiais de refugallo, karaoke, xogos de animación, maquillaxe, talleres de cociña e de escaiola, pinturas de camisetas, xogos de mesa, contacontos, obras de teatro, cancións e coreografías, así como unha visita a un adestramento do equipo de fútbol sala.

López Eijo amósase moi satisfeito da acollida que tivo un ano máis a ocioteca do Concello de Burela “que persigue axudar ás familias a conciliar a vida laboral e familiar no verán e achegar aos máis pequenos ao noso entorno natural e máis próximo”.

Exit mobile version