Un acto no que estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Igualdade, Pilar Armada, a presidenta da asociación, Inés Cobas, e outras membros da directiva así como profesoras dos cursos e as alumnas, as autoras das pezas expostas.
Na mostra pódense ver diferentes aplicacións destas modalidades en obxectos cotiáns como botellas, coxíns, utensilios de cociña, elementos decorativos, vestidos, roupas do fogar como toallas, manteis, panos de cociña, sabas, tapetes ou abanicos, así como outros elementos que se reutilizan, mellorándoos e dándolles unha nova vida.
A edil de Igualdade destacou a creatividade das alumnas e pon en valor que as súas clases teñan ademais “resultados prácticos que poden disfrutar nas súas casas e ao mesmo tempo nos poden amosar para comprobar o espléndido traballo realizado durante meses”.